Ven ao Pazo
Horarios
Aberto de martes a domingo, ambos incluídos.
- Horario de verán (do 1 abril - 31 outubro): de 10 a 14 h -de 16h a 20 h (peche dos despachos de entradas ás 19 h)
- Horario de inverno (do 1 novembro - 31 marzo): de 10 a 17.30 h (peche dos despachos de entradas ás 16.30 h)
- Pechado: os luns non festivos, o 25 e o 26 de decembro, o 1 e 6 de xaneiro e do 15 ao 22 de xaneiro (por mantemento)
Tarifas
- XERAL: 12€
- OUTROS PREZOS: ver
- Audioguía incluída no prezo da entrada.
Compra de entradas
Pode adquirir as entradas nos despachos de entradas do Pazo Güell que están situados no Carrer Nou de la Rambla, número 1, a 20 metros da entrada principal do Pazo Güell. Pódense mercar entradas de forma anticipada cun día e unha hora asignados.
Onde estamos e como chegar
Onde estamos
Carrer Nou de la Rambla, 3-5
08001 Barcelona
Tel.: (+34) 934 725 775 / (+34) 934 725 771
Fax: (+34) 934 725 772
Como chegar
O Pazo Güell está situado no barrio do Raval da cidade de Barcelona. A continuación proporcionámoslle a información necesaria para chegar ao pazo facilmente:
En transporte público:
- En metro
A estación de metro máis próxima é a de Liceu, da liña 3.
Consulte o plano do metro de Barcelona (PDF) - En autobús
As seguintes liñas de autobús teñen parada preto do Pazo Güell
Liñas: V13, 59, 91, 120 e Barcelona Bus Turístic
Transports Metropolitans de Barcelona - FGC:
As seguintes liñas de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya chegan ata a praza de Catalunya (estación Catalunya):
L6, L7, S1, S2, S5, S55
Consulte o plano da rede de FGC - En Bicing:
Consulte as paradas do Bicing máis próximas.
En transporte privado:
Coordenadas GPS: 41.3789°N 2.1742°E
Visitas de grupos
Os grupos deben estar formados por un mínimo de 10 persoas e un máximo de 25 persoas, con guías ou educadores incluídos. De superar o grupo esta cifra, dividirase e cada subgrupo entrará cun intervalo de 30 minutos de diferenza. Non se admiten reservas de grupos os días de portas abertas (primeiro domingo de mes).
Tarifa: 9€ por persoa (os grupos sen reserva previa aboarán a tarifa xeral)
Atención: os días de entrada gratuíta non se aceptan reservas de grupos (a entrada queda limitada ao público individual).
Reservas
- Por teléfono:(+34) 934 725 775 / (+34) 934 725 771
Atención telefónica en catalán, castelán, inglés e francés.
Horario de atención:
Inverno: de martes a sábado, de 10.30 a 17 h.
Verán: de martes a sábado, de 10.30 a 19.30 h. - Por correo electrónico:
palauguell@diba.cat
Para beneficiarse da tarifa especial de grupo, a reserva debe facerse cun mínimo de 48 horas de antelación.